O secretario xeral do PSOE e presidente do Goierno, Pedro Sánchez, reprochou este sábado ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, que leve convocadas cen manifestacións en apenas vinte días desde a formación do novo Executivo e instoulle a «traballar» e «dialogar».
«As eleccións xa pasaron, hai un Goberno e catro anos por diante, é hora de traballar, dialogar e acordar», sinalaba Sánchez durante a inauguración da convención política dos socialistas galegos en Santiago de Compostela na que arroupou ao candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro.
Na súa intervención, Sánchez enumerou varios dos logros alcanzados polo seu partido en España e en Europa e puxo como exemplo a reforma do mercado eléctrico, que permitirá «prezos máis baixos aos consumidores» e maior «competitividade» para as empresas, así como a posta en marcha da primeira normativa sobre intelixencia artificial.