Pedro Sánchez repróchalle a Feijóo que convoque cen manifestacións en 20 días

1 minutes read

O secretario xeral do PSOE e presidente do Goierno, Pedro Sánchez, reprochou este sábado ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, que leve convocadas cen manifestacións en apenas vinte días desde a formación do novo Executivo e instoulle a “traballar” e “dialogar”.

“As eleccións xa pasaron, hai un Goberno e catro anos por diante, é hora de traballar, dialogar e acordar”, sinalaba Sánchez durante a inauguración da convención política dos socialistas galegos en Santiago de Compostela na que arroupou ao candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro.

Na súa intervención, Sánchez enumerou varios dos logros alcanzados polo seu partido en España e en Europa e puxo como exemplo a reforma do mercado eléctrico, que permitirá “prezos máis baixos aos consumidores” e maior “competitividade” para as empresas, así como a posta en marcha da primeira normativa sobre intelixencia artificial.