Penúltima xornada de liga para o Calvo Xiria que a xogará este sábado en Vigo

0 minutes read

Será na pista central de As Travesas; contra Bm Reconquista de Vigo. Cos obxectivos cumpridos, ningún equipo quere ceder postos na clasificación nestas últimas xornadas. Este será o cuarto enfrontamento entre os dous está tempada, polo que se coñecen á perfección; aínda que é certo que houbo evolución en ambos e que o partido pouco terá que ver cos anteriores. O Calvo Xiria contará coa convocatoria habitual das últimas semanas, buscando unha maior rotación e repartir a responsabilidade entre todo o cadro de persoal; para tratar de xogar a un ritmo elevado gran parte do tempo do encontro.