A retirada de Iván Ares cando ía a tres segundos do gañador final da proba Pepe López marcou o Rally de Ourense. Malia non considera-la decisiva, o actual campión de España sentíase decepcionado.
O gran beneficiado foi Pepe López, quen aos mandos do seu Citroen, impúxose cun minuto de vantaxe sobre o Hyundai de Pernía e dous sobre Vinyes e pasa liderar o supercampionato tralo abandono tamén de Xevi Pons.
Pepe López. Gañador do Rally de Ourense: “Rally duro, rally longo, pasou de todo, eu creo que había que estar en carreira como fose, conseguímolo e moi agradecido a todo o equipo”
O primeiro galego clasificado foi Javier Pardo, cuarto con Suzuki a pouco máis de dous minutos de Pepe López nun novo Rally de Ourense que resultou tan espectacular, coma duro.