O sinistro produciuse na AC-550, no rescate do único ocupante do turismo participaron os bombeiros barbanzanos, mentres que o servizo sanitario de urxencia enviou á zona o helicóptero con base en Santiago, pero nada puideron facer por salvarlle a vida.
Este operativo activouse ás 18:30 horas deste xoves despois de recibir o 112 Galicia diversas chamadas de particulares que avisaban dun vehículo fóra da vía e envorcado sobre a maleza dun terraplén. Con estes datos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos Bombeiros de Boiro e Ribeira ante a posibilidade de que houbese unha persoa atrapada no interior. Efectivamente, os bombeiros sacaron ao único ocupante do vehículo sen a necesidade de máis medios, pero a persoa estaba xa falecida. Neste operativo colaboraron tamén os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.