Na instalación había uns 200 exemplares. As perdas ocasionadas por este incendio son importantes, pois, ademais dos animais mortos, a construcción viuse afectada ao arder todo o illante do tellado, así como a instalación eléctrica.
Iso sí, ningunha persoa sufriu danos, tal e como indicaron os axentes da Garda Civil, que acudiron á chamada do 112 Galicia.
Este operativo activouse pouco antes das dez desta mañá deste mércores tras recibir no 112 Galicia a alerta de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tiñan en camiño unha dotación, aínda que, finalmente, ninguén necesitou asistencia médica.
Tamén interviñeron os membros do GES da Estrada e os Bombeiros do Deza para facer fronte ao lume. Ademais dos axentes da Garda Civil, tamén acudiu unha patrulla da Policía Local, que situou a orixe do lume nunha nave lindeira.
Pola súa parte, a empresa xestora das instalacións fíxose cargo do traslado dos exemplares con vida e da retirada dos que pereceron no incendio.