38
Representantes do cerco de España e Portugal piden unha revisión das cotas da pesca da sardiña que ambos países xestionan de forma conxunta. Así o acordaron nunha xuntanza na Cooperativa de Armadores de Vigo. Os cerqueiros cren que a actual recuperación da especie permite aumentar a cota dende as 10.000 toneladas que pescan actualmente ata as 19.000. Por iso piden unha reunión urxente dos dous gobernos e unha revisión do acordo pesqueiro. En Galicia hai máis de 150 barcos que se dedican á pesca do cerco.