PG | O 2024 traerá unha nova agrupación política a Carballo, o Partido Galego

1 minutes read

O sábado 13 de xaneiro o Partido Galego (PG) comeza a súa axenda anual cun encontro no concello de Carballo. Dende a formación indican que elixen este concello pola relevancia da nova Agrupación Local, que se vai dar a coñecer públicamente e porque este concello sendo cabeceira de comarca debe ter igualmente a responsabilidade de selo noutros ámbitos máis alá do institucional, é dicir debe ser un motor que a maiores de beneficiar a súa veciñanza, sirva para avanzar no progreso do conxunto da comarca.
Ese mesmo día 13, haberá tamén reunión do Consello Nacional do partido, no que participarán compañeiros e compañeiras das diferentes comarcas de Galicia.
Entre os obxectivos están a análise da boa andanza do Partido Galego no último ano que serviu para presentar as Eleccións Municipais e avanzar na firme consolidación do proxecto político de centro galeguista, naqueles concellos onde presentaron candidaturas electorais e conseguiron chegar xa a outros que como Carballo, están a traballar para presentarse nas seguintes, con un equipo de xente formidable e comprometida con Carballo.
O sábado 13 estarán no Bar Bristol de Carballo co seguinte programa de reunións:
17:30 Rolda de prensa
18:00 Reunión da Agrupación Local con membros da Executiva do PG
19:00 Reunión do Consello Nacional

Contacto
Luís Bardanca (Portavoz da Agrupación) 605642674
Sergio Guntín (Secretario Local) 649953744
Suso Ares (Coordinador Xeral) 644710923