Na cidade de Lugo moitas familias de desaparecidos pola represión franquista carecen dun lugar de referencia para lembrar a quen foi perseguidos polos golpistas de xullo de 1936. Desde a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) queren solicitar a colaboración do concello de Lugo para instalar un monumento no cemiterio da cidade que lembre ás vítimas da represión franquista, enterradas sen sepultura , visibilíceas e sexa un espazo de referencia para os seus familiares.
Trátase da construción dun memorial que sexa instalado nun espazo visible e combata a invisibilización que durante décadas padeceron as vítimas da represión franquista e da ditadura.
Desde a Asociación afirman que a idea do monumento, deseñado polo arquitecto Jorge Pastor, “nace da necesidade de expresar, baixo o maior respecto, a dor causada pola perda dun ser humano próximo, nai, irmán, fillo… coma se nos arrincasen unha parte, coma se nos faltase algo. E como a perda prodúcese como consecuencia dunha barbarie, a dor é maior se non podemos terminar o duelo, porque non temos os corpos dos mortos e esa dor non ten fin.”