Piden o cesamento do xefe de gabinete de Ayuso por ameazas a elDiario.es

2 minutes read

O Goberno e os partidos de esquerda pediron o cesamento de Miguel Ángel Rodríguez, xefe do gabinete da presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, despois de que elDiario.es denunciase este sábado que ameazou a unha das súas xornalistas. Pilar Alegría, Yolanda Díaz ou Mónica García son algunhas das que denunciaron a actitude de Miguel Ángel Rodríguez, quen admite enviar as mensaxes, pero di que é “unha rifa de amigos”.

Cando era voceiro de Aznar tivo que irse por ameazar a xornalistas. 26 anos despois segue igual. A liberdade de prensa é sacra en democracia. As ameazas e insultos non teñen cabida e inhabilitan para ocupar un cargo público. Só hai dúas opcións: ou dimisión ou cesamento“, escribiu Pilar Alegría nunha mensaxe de X, antes Twitter.

A versión de elDiario.es é que: “Este pasado martes 12 de marzo, Miguel Ángel Rodríguez mandou varias mensaxes a unha das xornalistas de elDiario.es. Rodríguez é o xefe de gabinete da presidenta de Madrid. É a man dereita de Isabel Díaz Ayuso, o seu home de confianza, a persoa que deseña a súa estratexia e o seu discurso. Para todos os efectos, na práctica, é o seu número dous”. 

Entre esas mensaxes a través de Whatsapp, Miguel Ángel Rodríguez escribiu:

“Imosbos a triturar. Ides ter que pechar. Idiotas. Que vos dean”.

“É unha ameaza?”, preguntou a xornalista. “É un anuncio”, respondeu Rodríguez.

“As ameazas de Miguel Ángel Rodríguez non son só ‘un calentón’. Van moi en serio. Sabemos que virán a por nós –o venres anunciaron unha querela–. E non é a primeira vez que este home recorre a este método de presión contra os medios que lle son incómodos”, pero mentres contemos co apoio dos nosos socios e socias, non nos imos a calar, afirman desde elDiario.es.

Se aínda non o es,   faite socio, faite socia, de elDiario.es. Vai facer falta toda a axuda posible. A túa tamén, conclúen.