Gerard Piqué e Sergio Ramos uniron forzas para lanzar unha mensaxe conxunta. Este luns, 6 de abril, foi o Día Internacional do Deporte e os centrais do Barça e do Real Madrid lembraron a importancia de facer deporte durante a crise do coronavirus. Nun vídeo coordinado entre a FIFA e a Organización Mundial da Saúde (OMS), Piqué e Ramos animaron a facer deporte durante o confinamento na casa estes días.