Plan de acción para o control e xestión da especie invasora herba da Pampa

1 minutes read

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda segue a avanzar na redacción dun plan de acción específico para Galicia fronte á Cortaderia selloana (tamén coñecida como herba da Pampa) co fin de mellorar a metodoloxía de control e xestión desta especie invasora orixinaria de Suramérica dentro do territorio da Comunidade. O seguinte paso será contar con ese plan de acción específico para Galicia como parte dos traballos enmarcados no programa LIFE Stop Cortaderia. Así, entre os seus fins principais figuran contribuír a localizar as zonas obxectivo, cuantificar a distribución da especie e propoñer metodoloxías para o seu control e xestión a partir da información e os coñecementos dispoñibles para poder optimizar os recursos e sensibilizar á sociedade sobre os efectos prexudiciais que poden ter para as especies autóctonas.