Costa da Morte Asociación Turística organiza no mes de febreiro un programa financiado pola Deputación da Coruña para formar desempregados en cociña, restauración e aloxamentos que atenda as necesidades de persoal do sector. A presidenta da CMAT, e alcaldesa do Concello de Vimianzo, Mónica Rodríguez, destaca que a iniciativa “servirá para que as empresas turísticas do xeodestino melloren o seu posicionamento e as competencias dos seus profesionais”. Os interesados en inscribirse, haberá vinte prazas por especialidade, deberán estar empadroados nalgún dos 17 concellos da Costa da Morte (Cabana, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas).
PROGRAMA FORMATIVO CMAT. Febreiro do 2022. Lugar: Fórum de Carballo.
- Servizo en restaurantes e bares. 35 horas. Días 1, 2, 3, 8, 9, 10, 14, 15, 16 e 17 de febreiro. De 17:00 a 20:30 horas.
- Axudante de cociña. 40 horas. Días 2, 3, 4, 8, 9, 10, 14, 15, 16 e 17 de febreiro de 16:30 a 20:30 horas.
- Técnicas e procedementos de limpeza en aloxamentos. 30 horas. Días 10, 11, 14, 15, 16, 17, 18 e 21 de febreiro de 17:00 a 20:45.