40
A secretaria xeral de Podemos, Ione Belarra, propón crear unha cadea pública de supermercados para abaratar a cesta da compra. Nun acto da formación morada celebrado este domingo en Cáceres, Belarra acusou o empresario Juan Roig de liderar un oligopolio alimentario que está a especular co prezo dos alimentos, cunhas marxes de beneficio que, segundo dixo, están moi por riba da suba da inflacción.