A formación morada recuperou esta proposta que xa a lanzara en 2019. Propón crear unha renda garantida de entre 700 e 1.4000 euros ao mes desde os 18 anos. Segundo Ione Belarra, debe transcender o actual ingreso mínimo vital. Defendeu durante un acto do partido en Madrid a súa viabilidade para a próxima lexislatura porque se financiaría cunha reforma fiscal ás grandes rendas, porque non é decente que haxa xente pobre no país mentres que a presidenta do Banco Santander, Ana Patricia Botín, “nada en billetes de 500 euros” ou o seu homólogo no grupo ACS, Florentino Pérez, se fai cada día “máis rico”, asegurou Belarra.