Polémica en Moaña pola contratación de camelos para a cabalgata

1 minutes read

As rúas de Moaña este ano buscaron recuperar o antigo Nadal, máis auténtico e por iso Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron á vila en auténticos camelos. Isto desatou a polémica no concello pontevedrés, onde a poboación atopábase dividida coa decisión.

A fundación suíza Franz Weber defende, a través dun comunicado, que se trata dun tipo de malos tratos para os animais. Din que sufrirán un intenso ruído ambiental, contactos coas persoas asistentes. Afirman que se pode evitar, deixando de contratar entidades que promoven este tipo de espectáculos que cualifican de lamentables.

Ademais, na vila teñen unha grande afección cabalar e todos os anos participa unha asociación cabalar de Moaña. Samuel González Paredes, presidente da Asociación Cabaleiros de Moaña, di que os animais que empregan non sofren, que nos son animais bravos e que levan anos facendo as cabalgatas sen ningún problema.