Polémica pola campaña da Xunta contra a violencia de xénero

1 minutes read

A Xunta de Galicia publica un cartel no que se ve a unha muller correndo en mallas e un texto que di: «Vístete con mallas. Sal a correr pola noite. Que pasa agora? Non debería pasar, pero pasa».

As críticas tanto dentro como fóra de Galicia alertan do perigo de poñer o foco da campaña contra as violencias machistas nas vítimas en lugar de sinalar aos agresores. Nestes carteis, ponse o foco, e por tanto a responsabilidade, nas actitudes das oprimidas, podendo xerar aínda maior medo nelas. Tamén, as críticas coinciden no despropósito de que unha campaña con estes graves erros fose pagada con medios públicos.

A secretaria de Igualdade, Ángela Rodríguez, puxo un tweet que di: «Viola o violador». Ademais, pide ao Partido Popular que deixen de responsabilizar ás mulleres da violencia, di, «que sufrimos». Esta campaña é, sinxelamente, inaceptable», conclúe o texto do tweet.

Por outra banda, a plataforma de mulleres xornalistas indica que a pesar de que a intención é falarlle ao agresor ”focaliza na vítima, a vida que fai e como vistes“ e ten un ton ”derrotista“ que introduce o problema pero ”non a solución nin dá ferramentas á sociedade“.

As protagonistas de todos os materiais son mulleres novas e os riscos que se expoñen proceden de descoñecidos. Sobre esta representación de vítima e agresor pronúncianse tamén Xornalistas Galegas: “Favorece unha reprodución estereotipada da vítima e do agresor que escurece o carácter estrutural da violencia”.