34
É necesario concienciar á poboación que en cada vehículo que teña que desprazarse por imperativa necesidade, só pode ir un ocupante, o condutor. En tarefas informativas deste tipo están a basearse os controis rutineiros levados a cabo na comarca pola Policía Local, en moitos casos con apoio das patrullas da Garda Civil. Na ampla maioría deles a poboación está a responder con responsabilidade, pero aínda así máis de 30 persoas xa foron multadas na zona, por incumprimento, desobediencia e nalgún caso mesmo por reincidencia. Por concellos, o de Cee é o máis infractor con case a metade dos casos, onde mesmo se tramitou unha dilixencia penal contra unha persoa no xulgado de Corcubión.