Ponteceso abre as inscricións para as Escolas Culturais e Deportivas municipais

0 minutes read

A partir das 09:00 horas do próximo luns, 27 de setembro, e ata as 14:00 horas do mércores 29 estará aberto o prazo de inscrición para as Escolas Culturais e Deportivas municipais do Concello de Ponteceso.
Este ano as prazas irán a sorteo, polo que para evitar colas, pódese pedir cita previa. Tamén se pode realizar a inscrición a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso, empregando a sinatura dixital.