Ponteceso acolle unha mostra sobre a historia do cancro e a súa investigación

0 minutes read
  • A inauguración será o próximo xoves, Día Mundial do Cancro de Ril, no centro cultural da vila

Coincidindo co Día Mundial do Cancro de Ril, o próximo xoves o centro cultural de Ponteceso acollerá a inauguración da exposición 50 anos cambiando a historia do cancro. Será a partir das 18.30 horas. Haberá unha charla a cargo do doutor Fernando Torres Aldón e tamén unha actuación musical por parte do acordeonista Alexander Capone Méndez.

A mostra está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en colaboración co Concello, e poderá visitarse ata o 30 de xuño.