Xosé Lois García Carballido Alcalde de Ponteceso presentará este mércores 1 de marzo, de 10:30 a 12:00 horas, a primeira das actividades da oficina de Dixitalización de empresas da Deputación da Coruña no Polígono de Tella. Rebeca Facal, moi coñecida por ser a Presidenta do Baio CF e profesional das redes sociais, será a primeira poñente. Tamén se contará coa presencia do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, que pechará o acto e participará no networking coas persoas asistentes.
O obxectivo deste Obradoiro é realizar unha introdución no marketing dixital. Aportando unha visión global do sector e das ferramentas que están a disposición.
A finalidade práctica deste espazo divulgativo é que os asistentes, poidan situar o punto de partida do seu negocio e ter unha orientación, poñer o foco sobre onde comezar neste novo medio, proporcionándolle unha folla de ruta para planificar unha estratexia e un plan de contidos. Con esta iniciativa pretende iniciar unha serie de charlas divulgativas coa finalidade de axudar á transformación dixital do tecido empresarial, o coñecemento das axudas europeas entorno ao desenvolvemento, o fomento de novas iniciativas empresariais entorno a proxectos transformadores.
É necesaria a inscripción previa ao Obradoiro, a tráves do correo electrónico oaprural@dacoruna.gal