Ponteceso acollerá o mes de novembro con moito teatro

1 minutes read
  • Cada función contará con 2 pases en horarios diferentes e con aforo limitado

O teatro segue moi activo no concello de Ponteceso, sobre todo neste mes de novembro que entra, pois o Edificio das Escolas da localidade acollerá oo XXVII Ciclo de Teatro.

Este ano, debido ás circunstancias sanitarias, cada función contará con 2 pases en horarios diferentes (ás 18.30 horas e ás 21.00 horas) e con aforo limitado.

As entradas poden retirarse de luns a venres no Departamento de Cultura ou, se quedasen, unha hora antes da función no Edificio das Escolas.

Cartel da Ciclo de Teatro_Concello de Ponteceso