36
- A actividade, impulsada polo Club de Ciencias e a asociación Mar de Fábula, buscou o compromiso dos adolescentes co coidado do medio ambiente
O Concello de Ponteceso colaborou este luns nunha xornada de limpeza de praias na que participaron 34 alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Eduardo Pondal. O areal elixido foi o da Ermida, onde se colleron 829 residuos, maioritariamente anacos de cordas e cordeis (533) e plástico ríxido (152). O resto eran aparellos de pesca e bolsas con cebo, pezas de roupa, bastonciños de algodón, máscaras Covid, tapóns de plástico, madeira procesada, gomas e cabichas.
A actividade, na que tamén estivo presente o xerente do Galp Costa da Morte, foi impulsada polo Club de Ciencias e a asociación Mar de Fábula co obxectivo de concienciar sobre a importancia de coidar o medio ambiente.