Ponteceso | Aprazada a cuarta ruta de «Camiñar na noite»

0 minutes read
  • Este venres estaba previsto realizar unha andaina por Pazos

O Concello de Ponteceso decidiu cancelar a cuarta ruta do programa Camiñar na noite. Nos vindeiros días comunicarase a nova data desta andaina por Pazos prevista para este venres.

As prazas son limitadas, polo que será necesario anotarse previamente. As inscricións poden realizarse de luns a xoves de 09:00 a 14:00 horas no Rexistro Xeral ou na Oficina Municipal, así como a través da sede electrónica do Concello. Máis información no teléfono 981 714 000 ou en turismoponteceso@ponteceso.net.