0
- Será o vindeiro sábado, día 4, e participarán deportistas da categoría alevín
A praia pontecesá de Balarés acollerá o próximo sábado, 4 de xuño, o campionato galego de salvamento e socorrismo en augas abertas na categoría alevín. A proba desenvolverase entre as 10.00 e as 14.00 horas.
Unha vez finalizadas as probas (bandeiras, carreira con tabla/nipper e eslalon costa) terá lugar a entrega de premios. O evento conta coa colaboración do Concello de Ponteceso.