Ponteceso | Celebrada a terceira etapa de “Camiñar na noite”

1 minutes read

67 persoas participaron nunha nova xornada da andaina Camiñar na Noite. A proposta do Concello de Ponteceso que vai gañando cada vez máis adeptos, dando a coñecer todos os venres os recunchos máis fermosos da vila de Pondal.
Desta volta, as/os participantes percorreron durante seis quilómetros o trazado que conforma a ruta por Langueirón. Ao igual que nas rutas anteriores a acollida foi moi positiva.
A seguinte andaina será o venres 29 de xullo ás 21.30h, na que percorrerán Corme Porto e sairán da Praza da Ribeira.
As prazas son ilimitadas, polo todo aquel que queira participar deberá inscribirse de luns a xoves de 09:00 a 14:00 horas no Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme, así como tamén, a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso. Para máis información, pódese contactar coa Área de Turismo a través dos teléfonos 981 714 000 e 881 984 470 ou do correo electrónico turismoponteceso@ponteceso.net.