O Concello de Ponteceso busca atraer talento e dar oportunidades con 16 bolsas de emprego para vacantes, substitucións e baixas.
«No emprego público a rotación laboral é moito máis frecuente do que a xente cre, por iso é moi bo anotarse en bolsas de emprego, neste caso non custa nada porque non hai taxas e todas menos unha son por fase de concurso» declarou o alcalde, Xosé Lois García Carballido.
O Concello vai aproveitar o importante recurso de ter unha orientadora laboral compartida con Cabana que atende ao público no centro cultural xunto ao Melga, tres mañás e unha tarde por semana. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».