Ponteceso | Éxito de participación na primeira ruta de ‘Camiñar na noite’

0 minutes read
  • As inscricións poden formalizarse no Concello ou na oficina municipal de Corme.

Este venres púxose en marcha unha nova edición do programa Camiñar na noite, organizado polo Concello de Ponteceso para coñecer os recunchos da localidade desde outra perspectiva. A primeira ruta contou con 54 participantes que saíron sobre as dez da noite desde a Praza do Recheo e chegaron ata Balarés.

As inscricións para o seguinte percorrido poden formalizarse no Concello ou na oficina municipal de Corme de luns a xoves. Máis información chamando ao 981 714 000 ou enviando un correo electrónico a turismoponteceso@ponteceso.net.