Ponteceso formará parte este sábado da 19ª Volta Ciclista á Provincia da Coruña

1 minutes read
  • A segunda etapa da proba deportiva, con saída e chegada na Laracha, pasará por A Campara, Corme, Cospindo, Ponteceso e Anllóns Grande

O termo municipal de Ponteceso acollerá este sábado 28 a 19ª Volta Ciclista á Provincia da Coruña, unha das probas máis importantes do calendario Elite-Sub 23. Será durante a segunda etapa desta proba, con saída e chegada na Laracha, cun percorrido de 141 quilómetros.
Tras percorrer un traxecto que pasa polas localidades de Carballo, Buño e Malpica, os ciclistas chegarán a A Campara a partir das 13.45 horas. Posteriormente continuarán ata Corme, Cospindo, Ponteceso e Anllóns Grande antes de cruzar o río cara Cabana de Bergantiños para ascender o porto da Mata, de 3ª categoría.

A proba ciclista provincial volve celebrarse tras dous anos de parón pola pandemia. O venres será o inicio do circuíto, cunha etapa con saída e chegada en Ortigueira, finalizando o domingo na zona da Pobra do Caramiñal. Este ano participan 18 equipos: 10 de Galicia, 2 de Navarra, 2 de Castilla y León, 1 de Cantabria, 1 de Extremadura, 1 da Comunitat Valenciana e 1 das Islas Canarias.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?