Ponteceso inaugurou oficialmente o Nadal co acendido das luces

0 minutes read
  • Desde o Concello agardan que isto contribúa a consumir máis no comercio e na hostalería local

O espírito do Nadal xa é máis forte no concello de Ponteceso tras o acendido das luces durante a xornada deste xoves. Distintos adornos típicos destas datas locen en diferentes lugares do municipio como a Praza do Recheo, Pazos ou a Praza da Ribeira en Corme.

Desde o Concello agardan que este alumeado alegre á veciñanza e que ademais contribúa a apoiar máis o comercio e hostalería da zona.