Ponteceso non autoriza ningún espectáculo nas Festas do Pilar que non veñan da man da Comisión

1 minutes read

O Concello de Ponteceso asinou este venres os decretos que denegan os permisos para a Festa do Pilar a todos aqueles espectáculos que non foran organizados pola tradicional Comisión de Festas do Pilar.

Foron rexeitadas dúas solicitudes promovidas por particulares que, ademais de coincidir no tempo, contiñan graves carencias, sendo así incompatibles coa autorización por non cumprir cos requisitos para poder levalas a cabo.

O goberno local agradeceu o traballo desta e de todas as comisións de festas do municipio. O alcalde, Xosé Lois Carballido, considera que fan un labor «impagable polos veciños e veciñas de Ponteceso» e animounos a seguir nesa liña: «temos desfrutado moito nas festas do Pilar e ogallá volvamos ter unhas festazas coma antes, como merece o lugar da Trabe. Quero animar á Comisión a continuar ese bo traballo. Ninguén quere que veñan promotoras privadas a competir entre si substituíndo o traballo das comisións. Na resolución denegatoria, motivada, están moi claros os motivos da denegación do permiso».