- Os equipos foron doados pola empresa ADP Renováveis
O Concello de Ponteceso acaba de poñer 10 ordenadores portátiles a disposición dos estudantes de familias con menos ou poucos recursos para que os nenos poidan acceder a contidos educativos online. O material foi doado pola empresa EDP Renováveis.
O alcalde, Lois García Carballido, agradece o xesto da compañía eléctrica portuguesa, “que mira polo futuro dos veciños máis novos nun momento no que a responsabilidade social corporativa do tecido empresarial debe apostar pola solidariedade, a través de pequenas accións que permitan que ninguén se quede atrás debido a crise sanitaria provocada polo COVID-19, especialmente as persoas máis vulnerables”.
Dende o Concello de Ponteceso tamén se ofrece ás familias que o precisen asesoramento para a adquisición de produtos tecnolóxicos no comercio local.