- Terá lugar o 10 de abril
O salón de plenos do Concello de Ponteceso presenta este xoves, a partir das 11:00 horas, a segunda edición da Popular Faro Roncudo, prevista para o vindeiro 10 de abril. Trátase dunha carreira por estrada que atravesará Corme con saída dende a Praza da Ribeira e co faro como meta. En total son uns 6,2 quilómetros de percorrido. A actividade arrincará ás 11.00 horas e ten unha duración aproximada de 60 minutos. A proba está aberta a todas as persoas maiores de 18 anos.
Os tres primeiros de cada categoría levarán un trofeo e o gañador e gañadora absolutos un premio especial. Do mesmo xeito,
haberá un trofeo simbólico para o atleta de maior idade.
As categorías inferiores correrán a continuación da absoluta e farano do seguinte xeito: ás 12.15 a sub-18 e sub-16 (2 km), ás 12.30 a sub-14 e sub-12 (1 km), ás 12.45 a sub-10 (500 m) e ás 13.00 a sub-8 (200 m).
A inscrición pode facerse na web carreirasgalegas.com ata o 7 de abril ou ata que se esgoten as prazas.