32
- O Concello xustifica esta demanda ante o aumento da poboación, e das súas necesidades, durante a tempada estival
O Concello de Ponteceso vén de solicitar á Academia Galega de Seguridade Pública dúas prazas de auxiliares de Policía Local por un período de catro meses. Unha petición coa que agardan facer fronte á tempada de verán, na que «se produce un aumento de poboación e das necesidades que se deben cubrir no territorio municipal», sinalan desde o goberno local.