Ponteceso, un dos concellos con máis bandeiras azuis de toda Galicia

1 minutes read
  • Os areais de A Ermida, O Osmo e Balarés contan con desfibriladores automáticos e persoal capacitado para utilizalos.

A praia de Loira, en Marín, foi o lugar elixido para o acto de entrega de bandeiras azuis de Galicia que se celebrou este mércores. Foron varios os concellos da Costa da Morte que lograron este distintivo pero houbo un que destacou por ser o que máis recoñecemento obtivo pola calidade da auga dos seus areais e polos servizos prestados: Ponteceso.

A localidade de Eduardo Pondal é unha das que máis premios recibiu cun total de tres bandeiras para as praias de Balarés, O Osmo e A Ermida. Os tres areais contan con desfibriladores automáticos e persoal capacitado para utilizalos.

Durante o evento, o rexedor pontecesán, Lois García Carballido, tamén presentou ao presidente da Xunta, Alfondo Rueda, un novo folleto turístico cuxo lema ‘Ponteceso, naturalmente irresistible’.