Ponteceso | Novo sistema de apertura para acceder á pista de pádel todos os días

1 minutes read
  • As solicitudes de reserva poderán tramitarse nas oficinas do Concello de luns a venres ou a través dun correo electrónico.

Acceder á pista municipal de pádel de Ponteceso é máis doado ca nunca grazas á aplicación Nearkey, un novo sistema de apertura que permitirá ao usuario poder reservar calquera día da semana (incluídos festivos) e entrar nas instalacións grazas a unha chave electrónica que se activará desde o departamento de Deportes.

A solicitude para facer uso da pista de pádel pódese tramitar de lunes a venres de xeito presencial nas oficinas do Concello ou enviando o documento asinado ao correo: pontecesodeportes@gmail.com. Na mesma solicitude o usuario pode pedir dous horarios distintos e, se ambos coinciden en fin de semana, deberá proporciona dous correos electrónicos diferentes. A persoa solicitante será responsable da apertura e peche da instalación. Máis información chamando ao 616 485 520.