Ponteceso une forzas cos empresarios para potenciar e dinamizar o comercio local

1 minutes read

O Concello de Ponteceso e o comercio local convídanche a mercar nos establecementos de proximidade e a compartir as túas compras. Se envías unha foto comprando en calquera dos locais participantes poderás gañar vales de compra por 100 ou 50 euros coa colaboración da Asociación Empresarios de Ponteceso, Cabana e Laxe. A foto e os teus datos podes enviala ao teléfono 630 907 124, será publicada na páxina de Facebook da Asociación e se está entre as 3 con máis gústame gañarás un dos vales da Asociación de Empresarios. Tes de prazo ata o sábado 23 de maio ás 20:00 horas.