Pontevedra acolle de novo a Mundial do Triatlón

1 minutes read

Pontevedra, un ano máis, converteuse dende o xoves 20 e segue sendo un inmenso campo de probas para o adestramento dos triatletas que participan na Gran Final Mundial ata o vindeiro domingo. A cidade acolle ós 3.000 deportivistas de todo o mundo, e as súas familias, amigos e visitantes interesados polo evento. Ademáis, tamén aprobeitaron para completar esa oferta cultural con concertos 100% en galego que transpasarán fronteiras, con xente de todas partes.

Algúns negocios de hostalería da vila triplicaron a facturación. Os hoteis están cheos e fixeron cambios horarios para adaptarse á vida dos deportistas. Algúns participantes tiveron que aloxarse fóra de capital, hai deportistas en varias localidades da provincia desde Vigo ata Sanxenxo. O groso das probas celébranse o sábado e o domingo, polo que o ambiente cosmopolita e deportivo manterase ata o final da semana.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?