Pontevedra acolleu as XXIV Xornadas Interdisciplinarias de Alzhéimer Galicia

1 minutes read

As xornadas xorden en 2003 da necesidade de intercambiar experiencias, promover o desenvolvemento asociativo e coñecer outros modelos de atención para persoas con alzhéimer e as súas familias. Estas xornadas abertas ao público en xeral, pero pensadas para profesionais do sector sociosanitario especializado en demencias, fóronse convertendo ano tras ano nunha data destacada para a Federación ata chegar a estes case 24 anos de creación de lazos de colaboración non só a nivel nacional senón tamén internacional. Nas últimas edicións contamos con relatores/as de distintos países e puidemos coñecer tamén o labor da OMS da man dunha das súas consultoras en saúde pública. Pontevedra acolleu este pasado 9 de maio as XXIV Xornadas interdisciplinarias de Alzhéimer Galicia, inaguradas po o director de politica social, Antón Acebedo e coa presenza do presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños (Afaber), Jesús Villar Antelo.