O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que a Xunta aprobará neste mes de novembro a nova licitación do Gran Montecelo, que se elevará a 130 millóns de euros.
Tras unha reunión co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, Feijóo destacou que a nova licitación incrementará en 15 millóns de euros o investimento do novo edificio, que se construirá nesta primeira fase, á que se destinará o orzamento total de 130 millóns.
Deste xeito, no novo edificio centralizaranse os servizos máis complexos e nas instalacións actuais prestarase a atención ambulatoria. “Estamos a falar dun antes e un despois para a asistencia hospitalaria”, dixo, subliñando que o Gran Montecelo suporá novos servizos e que a maioría das habitacións sexan individuais.