Pontevedra | Traballadores de ambulancias reclaman que lles paguen as nóminas

0 minutes read

As ambulancias dunha das empresas concesionarias do servizo na área sanitaria de Pontevedra apareceron coas rodas picadas e con varias pintadas á porta do hospital Montecelo.

Dentro, noventa traballadores da empresa pecháronse para reclamarlle á empresa concesionaria do servizo que lles pague a nómina do mes de decembro.

Ademais denuncian que a empresa lles enviou unha comunicación interna dicíndolles que non teñen diñeiro para o combustible das ambulancias.

Os traballadores pídenlle ao Sergas que obrigue a empresa a cumprir as condicións do contrato e que, se non o fan, que lle rescindan a concesión.