24
A candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, comprometeuse en Ribeira a por en marcha un plan de rexeneración das rías, incluíndo a limpeza e recollida de plásticos os 365 días do ano, co obxectivo de recuperar a produtividade perdida. “Galiza é unha nación pesqueira e marisqueira e queremos que siga sendo así, e iso pasa pola limpeza integral das nosas rías, tanto por razóns ambientais como de xeración de riqueza e emprego”, proclamou no mitin celebrado en Ribeira, no que tamén participaron a número dous da lista pola Coruña, Rosana Pérez, o tamén candidato Carlos Callón, e o alcalde, Luís Pérez Barral.