Pontón comprométese a liderar un executivo ‘sen favoritismos nin clientelismos’

1 minutes read

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, pechou xornada de campaña cun mitin na Coruña onde, como xa fixera fai catro anos, rememorou o quen teña honra que me siga de María Pita para apelar a mobilización polo cambio enchendo as urnas de votos BNG o 18 de febreiro.

“Noto como cada día que pasa as ansias de cambio medran máis e máis, noto a emoción da xente nos actos, nos mitins, nas redes sociais, na rúa, como cada día son máis os galegos e as galegas que miran para o BNG con ilusión, con esperanza de abrir un tempo novo. A todas esas persoas dígolles aquí, na cidade de María Pita: quen queira cambio que me siga e faremos historia cunha muller presidenta!, proclamou.

Pontón fixo un chamamento á participación de todos os galegos e galegas que queren deixar atrás quince anos de decadencia e retroceso, pedíndolles que, independentemente do que votaran en anteriores eleccións, este domingo collan a papeleta do BNG, a forza capaz de derrotar ao PP, subliñou nun mitin no que tamén participou a candidata pola Coruña, Mercedes Queixas. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?