A voceira do BNG, Ana Pontón, estivo este venres en Pontevedra acompañada polo deputado Néstor Rego, o alcalde da cidade, Miguel Ánxo Fenández Lores, e outros membros do partido. No encontro coa prensa afirmou que o “futuro dos galegos e galegas non se escribe en Madrid e o BNG é a única forza sen ataduras para defender os seus dereitos”. Alí, tamén dixo que o BNG é a única garantía de cambio o 5 de abril e volveu a reiterar a súa aposta pola gratuidade na educación dende os 0 aos 3 anos.
Pontón amosouse convencida de que a sociedade galega quere un cambio. “Existe un gran fartazgo da mala xestión política dun goberno que pon a sanidade pública contra as cordas, que permite que emigraran 200.000 persoas e que deixa unha Galiza peor e con máis precariedade”, por iso, o 5A é necesario abrir un tempo novo que esperamos sexa liderado polo BNG.