Pontón presentou as propostas do BNG para atender as reclamacións do sector agrogandeiro

1 minutes read

Para dar resposta á primeira cuestión, o Bloque propón contratos homologados que establezan prezos mínimos para impedir deste xeito que, en ningún caso, os produtores e produtoras se vexan na obriga de vender a perdas. “Sabemos que hai unha Lei de Cadea Alimentaria que di que non se pode vender a perdas, pero a Xunta non ten dado ningún paso significativo para garantir que esa medida se faga efectiva”, denunciou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. Por iso, defendeu o relanzamento do Observatorio Galego de Prezos como instrumento para establecer e garantir eses prezos mínimos en base ao estudo obxectivo de cales son os custes de produción que non se poden rebaixar.

Pontón tamén se referiu ás “trabas burocráticas” que padece o sector, a segunda cuestión sobre a que centrou as propostas do BNG. Neste sentido, reclamou ao Goberno do PP que “deixe de botar balóns fóra” e asuma as súas responsabilidades dado que “unha parte moi importante dos problemas de burocracia veñen directamente relacionados con decisións que toma a Xunta ou coa súa falta de alternativa” á hora de achegar solucións.