52
A área sanitaria de Santiago informou de que un gromo da covid-19 afecta seis empregados do centro de Correos na Lavacolla. Este luns realizaronse probas a 86 traballadores.
Correos emitiu un comunicado en que asegura que no centro se presta o servizo «con normalidade» e todas as actividades «se desenvolven seguindo as instrucións de seguridade marcadas polas autoridades para preservar a saúde dos empregados e os cidadáns».
Ademais, garante que «todos os profesionais da compañía dispoñen do material de protección necesario para levar a cabo o seu labor con seguridade e contan con información sobre os protocolos» en función de cada posto de traballo.