Posta a punto do Calvo Xiria BM fronte ao UF BM Base Oviedo (24-35)

1 minutes read

O Calvo Xiria BM segue perfeccionando o seu xogo en partidos amigables de cara ao comezo da nova tempada. Esta fin de semana fixoo por partida doble. O venres fronte ao Teucro, onde aínda que con boas sensacións acabou perdendo en Pontevedra por 31-21. A cita semellaba máis doada este sábado, pero non o foi. Visitaba o Vila de Noia o Unión Financiera BM Base Oviedo, que tampouco deu moito marxe para o erro ao conxunto carballés, dominando prácticamente todo o encontro. O Calvo Xiria abriu o marcador, pero a partir de ahí foi sempre a remolque no luminoso, chegando ao descanso cun resultado en contra de 12-16. Na segunda metade a brecha aínda foi maior, no minuto 17 o conxunto de Oviedo gañaba por 9 tantos de diferencia, chegando ao final do partido cun resultado de 24-35 no marcador.