Preocupación pola afluencia masiva de foráneos para pasar a corentena en Galicia

1 minutes read

En Galicia, sobre todo nas zonas do litoral, estes días aumentou a poboación, a consecuencia da chegada de persoas de fóra que elixiron estas zonas para pasar a corentena. Unha medida que conta co rexeitamento dos veciños das localidades afectadas, que temen que aumenten os riscos de contaxio. 

O concello de Sanxenxo, ordeou o peche de todas as praias do municipio e prohibiu o acceso a elas. Apelan á responsabilidade dos veciños e especialmente, din, dos visitantes chegados doutros lugares de España para frear a expansión do coronavirus. 

Os veciños cren que a presenza de persoas procedentes doutros lugares onde a enfermidade está máis estendida contradí a norma de manterse nas casas.