Presentación candidatos do PSdeG |  Besteiro comprometeuse a liderar un goberno ‘que diga a verdade’

1 minutes read

O candidato socialista á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeuse este sábado a liderar un goberno “que diga a verdade” e “que conteste”, fronte a un Rueda á cabeza dunha Xunta que demostrou “un desastre institucional” na xestión da crise dos pélets. Besteiro interveu na presentación das candidaturas do PSdeG nestas eleccións xunto coas cabeza de lista das catro provincias, Patricia Iglesias -A Coruña-, Lara Méndez -Lugo-, Carmen Dacosta -Ourense- e Elena Espinosa -Pontevedra-.

O responsable socialista sinalou á xestión “torpe e incompetente” da marea branca por parte dun goberno galego liderado por un Rueda que logo de 13 anos como responsable da xestión das emerxencias, afrontou a chegada de pélets demostrando “inacción, incompetencia, soberbia e mentiras”. Afeoulle que tardara un mes en pisar unha praia logo de que os seus conselleiros do Mar e de Medio Ambiente chegaran a dicir que os plásticos “entran por onde entran e saen por onde saen” ou que os pélets non eran tóxicos.

Besteiro presentou unha alternativa de goberno liderada polo PSdeG que representa “o galeguismo útil, o que soluciona os verdadeiros problemas dos galegos e das galegas, o que consigue para o noso país o que ningún outro partido é capaz de conseguir”. O candidato socialista desgranou as liñas mestras do proxecto alternativo centrado na blindaxe dos servizos públicos e a reactivación económica de Galicia en base ao emprego de calidade.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?