Este xoves o PP da Laracha presentou a candidatura completa coa que concorrerá ás eleccións municipais do día 26, que está encabezada polo actual alcalde José Manuel López Varela. O acto tivo lugar ante unhas 200 persoas na Casa dá Cultura da Laracha. En apoio á candidatura estiveron presentes o presidente provincial do partido Diego Calvo Pouso e a conselleira de Infraestruturas e Movilidade Ethel Vázquez Mourelle, quen tomou a palabra tras a apertura do acto por parte da actual edíl larachesa Patricia María Bello Canedo.
Ethel Vázquez dixo «sentirse como na casa, encantada de estar na presentación dun grupo de persoas con moitas ganas e con moitas ideas encabezadas por un veterano candidato, con moita experiencia en xestión municipal e que coñece palmo a palmo o Concello».

Diego Calvo pediu todo o apoio para o que definiu como «un dos mellores alcaldes de Galicia, José Manuel López, un referente como alcalde e un referente no PP, único partido que presenta candidatura nos 93 Concellos da provincia da Coruña», dixo.

José Manuel López Varela agradeceu a asistencia aos presentes, en particular a Diego Calvo por contar con el para que A Laracha estea presente nos órganos de goberno do municipalismo, tanto na Deputación, en Galicia como en España. Agradeceu a Ethel Vázquez por apoiar todos os proxectos que se lle demandan desde A Laracha, tanto ao seu departamento como en xeral á Xunta de Galicia, depuradora, polígono, escola infantíl, colexio Otero Pedrayo etc…

O Alcalde deulle un tirón de orellas á Deputación da Coruña e aos seus responsables por non ter as vías da súa competencia que atravesan Laracha en mellores condicións. Presumiu da saúde económica e industrial do Concello como sinónimo dunha boa xestión. Coa proxección dun vídeo-resumen do levado a cabo nos últimos 4 anos e a desgranaxe de parte do seu programa, José Manuel López presentou aos seus compañeiros e compañeiras na lista, que queda da seguinte forma.
